Firefox

Asegúrate de estar protexido cada vez que te conectas

Agradecemos que uses o navegador Firefox máis recente. Cando escolles o Firefox, contribúes a crear unha web mellor tanto para ti como para os demais. Agora dá o próximo paso para te protexeres.

Escolle a privacidade automática

As empresas seguen a encontrar novas formas de roubar a información persoal. O Firefox é o navegador que ten a misión de encontrar novas formas de te protexer.

Escolle liberdade en todos os dispositivos

O Firefox é rápido e seguro en Windows, iOS, Android, Linux… e entre eles. Mereces facer as escollas de navegadores e dispositivos e non que as fagan por ti.

Escolle a independencia corporativa

Dos navegadores principais, o Firefox é o único que é independente. O Chrome, o Edge e o Brave están construídos seguindo o código de Google. Isto é, darlle aínda máis control da Internet a Google.